A Catedral do Mestre Mateo
O proxecto do Mestre Mateo desenvolveuse, aproximadamente, entre os anos 1168 e 1211, incluíu o peche occidental da catedral co Pórtico da Gloria, a súa cripta e a súa fachada; a adaptación cerimonial do templo, co coro e a imaxe sedente de Santiago no altar maior e outras realizacións no interior e o exterior do templo.