A memoria do son
A exposición A Memoria do son está destinada a contribuír nos avances e coñecementos da sonoridade instrumental e vocal medievais. Representa un medio excepcional para interactuar co son, recreando microespazos nos que desvelar documentos históricos, iconográficos e literarios. Un espazo destinado ao pracer da vista, do oído, un espazo para tocar, escoitar e entender o contexto no que foron creados co fin de que a visita resulte máis atractiva e enriquecedora.
Como consecuencia da realidade que nos toca vivir, o programa interactivo vese minguado e adaptado para non contribuír á difusión dun e á desaparición doutros, un pequeno esforzo en favor da cadea de transmisión de saberes xeracionais.
A memoria do son
1 archivo(s) 11.63 MB