Arqueoloxía, epigrafía e numismática
Con fondos que comprenden desde a época romana ata a Idade Contemporánea, é unha das coleccións más amplas do museo. As pezas máis antigas correspóndense cos séculos I a V, a Gallaecia Romana, época que chegou a Compostela con fins museísticos a finais do s. XIX e principios do XX.
Engádense a ela os achados arqueolóxicos resultados das excavacións do século pasado que tanto axudaron a entender os procesos construtivos da catedral e todas as súas estancias, destacando os importantes vestixios recuperados da Basílica de Afonso III. Froito destas excavacións, e outras aínda anteriores, naceu a colección numismática con pezas de diferentes procedencias e cronoloxías.