As distintas estancias que acollen as pezas do Museo da Catedral de Santiago son parte do complexo catedralicio e levan séculos ofrecendo servizos, sexan litúrxicos ou, como agora, culturais. As pezas expostas pertencen á historia da basílica, son agasallos, reliquias, achados… que concentran un incalculable valor artístico. Tanto continente coma contenido son dignos de admiración e se distribúen en catro plantas:
Planta baixa: Oríxes da Catedral / Coro Pétreo do Mestre Mateo / Construción da catedral románica.
Planta 1ª: Arte na Catedral nos séculos XIII e XIV / Arte na Catedral nos séculos XVI, XVII e XVIII / O Apóstolo Santiago.
Planta 2ª: Claustro renacentista / Capilla das Reliquias / Panteón Real / Tesouro da Catedral / Biblioteca capitular / Botafumeiro / sala Capitular.
Planta 3º: Colección de artes téxtiles / Tapices de Rubens / Tapices de Teniers / Tapices de José del Castillo / Tapices de Goya / Balconada do Obradoiro.