No último terzo do século XII, o Mestre Mateo dirixiu a construcion desta cripta, salvando, asi, o desnivel existente entre o piso da catedral e a praza do Obradoiro. Ademais, esta novidosa solucion arquitectónica, para a que Mateo debeu de concibir algún uso especifico no seu proxecto, serve de soporte ao espazo inmediatamente superior, no que se atopa o Pórtico da Gloria.
A cripta forma parte do discurso iconografico que o Mestre Mateo ideou para toda a fronte occidental da catedral, o cal tería unha lectura vertical de contido apocalíptico e salvífico. Desta maneira, aquí se representa o mundo terreal, poboado de homes, animais e vexetación, e necesitado dos astros, que aparecen representados nas claves das bóvedas; continúa co final dos tempos ,representado no propio Pórtico; e remata na súa tribuna, coroada na clave pola imaxe do Año de Deus.