Cubertas e Torre

Os tellados da Catedral de Santiago sirven de mirador para entender o entramado da cidade e como este foi medrando co paso dos séculos. Desde aquí é posible percorrer a restauración das cubertas, rematada en 2021, e coñecer a historia das súas torres, saber quen as frecuentou antes ca nós e poder contemplar o ritmo das súas prazas entendendo a súa historia. A visita permite coñecer a estrutura orixinal medieval da torre norte da fachada do Obradoiro e apreciar o cambio da estructura románica á barroca, así como contemplar en primeira persoa o gran instrumento que lle da nome, a carraca que sustitúe ao son das campás o Venres e Sábado Santos.

A entrada da visita guiada ás Cubertas e á Torre da Carraca inclúe a visita completa ao Museo (colección permanente do Pazo de Xelmírez, Cripta do Pórtico e exposicións temporais).

 

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.