O Museo Catedral levou a cabo, coa colaboración da Xunta de Galicia, un programa de difusión das súas coleccións que, baixo o título “Descubrindo o Museo Catedral” de desenvolveu a través da realización de vídeos divulgativos temáticos sobre algúns dos aspectos máis relevantes dos seus fondos. Este proxecto iniciouse ao abeiro da convocatoria de Axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autonoma de Galicia no 2025, da Conselleria de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, organizado en dúas partes, uns vídeos curtos monográficos e directos para as redes sociais, a cargo de distintos especialistas, que quedan agora neste repositorio dixital. Deste xeito, é posible facer unha aproximación e coñecer mellor as colección artísticas que conforman os fondos do Museo Catedral de Santiago.
