Educación Primaria

Xelmírez e Urraca

No transcurso desta visita invitaremos ao alumnado de Educación Primaria a pasear conscientemente pola Catedral e polo Pazo de Xelmirez. Recorreremos, de xeito interactivo e comentado, a nosa historia medieval da man de Diego Xelmírez, paseando pola que foi a súa residencia e achegándonos á sua grande obra: o Códice Calixtino. Mais tamén nos achegaremos ás mulleres da época que deixaron pegada, coma Urraca, a primeira raíña Europea con poder por dereito propio, ou Margery Kempe, unha muller que se achegou a Santiago como peregrina, camiñando soa, e que nos deixou escrito o primeiro libro de viaxes realizado por unha muller.

MÁIS INFO

Quen é quen?

O xa tradicional xogo de mesa “Quen é quen?” cambia o taboleiro cheo de personaxes polas salas do museo da Catedral de Santiago, convidando ao alumnado a descubrir quen aparece representado nalgunhas das súas pezas máis destacadas. Cun formato lúdico adaptado ao nivel educativo, a dinámica desta actividade consiste na aplicación do método iconográfico; iremos xogando con distintas iconografías comezando coa xacobea que servirá de eixo vertebrador do discurso. Fronte aos símbolos máis tradicionais que abordaremos ao final da visita, a educadora convertirase nunha peregrina contemporánea cunha mochila chea de obxectos que faciliten a formulación de preguntas arredor das pezas, identificando as imaxes e temas que as caracterizan ata chegar a súa correcta interpretación.

MÁIS INFO

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.