Escultura e elementos arquitectónicos
O conxunto catedralicio de Compostela, tal e como o vemos hoxe, é o resultado directo de séculos de construción e engadidos que foron medrando acordes ás necesidades e os usos que cada época traía consigo. No Museo conseguíronse xuntar pezas de partes que desapareceran tras reconstrucións, revestimentos e distintos proxectos. Exemplo desto son os restos da antiga fachada do Paraíso, sustituida no século XVIII pola actual de Acibechería; ou o coro pétreo e a fachada exterior do Pórtico da Gloria, ambas obras do Mestre Mateo.
De séculos posteriores destacan obras como o coro de madeira que substituiu ao mateano no século XVII ou o retablo das Reliquias, desaparecido no incendio de 1921.