ESO e BAC

Catedral é feminino

“Catedral é feminino” é o título dunha visita coa que pretendemos revisar a presenza das mulleres nas coleccións artísticas dende un enfoque de xénero e cunha mirada crítica. Queremos que o alumnado se achegue ás coleccións do museo a través dun fío conductor no que a muller sexa a protagonista. Analizando obras concretas abordaremos dificultades que tiveron que sufrir ao longo da Historia, establecendo vínculos co presente para facilitar así a comprensión de pezas que lle poidan resultar alleas. Que papel tivo a muller na arte? Por que hai tan poucas mulleres creadores e sen embargo aparecen tantas representadas nas obras? A que se lle vincula na relixión? Como era a vida das raíñas na Idade Media? Analizaremos os estereotipos de xénero que nos foron transmitindo as imaxes e identificaremos as condicións sociocultais que os provocaron, creando un discurso participativo que promova valores como a igualdade e o respecto.

MÁIS INFO

Historia e Arte

Esta actividade busca dar unha visión xeral da Catedral facendo fincapé naqueles puntos clave dentro da Historia da Arte galega, introducidos nos currículos académicos mais descoñecidos nalgún punto para moito do noso alumnado. Ofrecemos así unha visita in situ, no seu propio contexto. Para isto, realizaremos un paseo consciente, comentado e interactivo polo Pórtico da Gloria, iniciándoo a través da súa cripta, polo interior da Catedral mais tamén polo exterior, a través da Praza de Praterías, da Torre do Reloxo e da Fachada do Obradoiro, onde finalizará a nosa visita”.

MÁIS INFO

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.