ESO e BAC
Esta actividade busca dar unha visión xeral da Catedral facendo fincapé naqueles puntos clave dentro da Historia da Arte galega, introducidos nos currículos académicos mais descoñecidos nalgún punto para moito do noso alumnado. Ofrecemos así unha visita in situ, no seu propio contexto. Para isto, realizaremos un paseo consciente, comentado e interactivo polo Pórtico da Gloria, iniciándoo a través da súa cripta, polo interior da Catedral mais tamén polo exterior, a través da Praza de Praterías, da Torre do Reloxo e da Fachada do Obradoiro, onde finalizará a nosa visita”.
Actividades previas á visita
1. O PROCESO CONSTRUTIVO DA CATEDRAL
Para poder entender mellor o edificio catedralicio, partiremos dunha primeira actividade que achegue o noso alumnado a el. Así, propoñeremos aquí algunhas imaxes que lles darán idea de como era este edificio na súa orixe e de como se foi transformando.
O fin será que entendan o proceso construtivo, os diferentes mestres que pasaron pola Catedral e que tomarán como exemplos artísticos a seguir.
Así, o alumnado terá que procurar igrexas ou construcións que sexan semellantes, ben en estilo, ben en época, e xustificar o porqué da súa elección.
2. O MESTRE MATEO NA CATEDRAL DE SANTIAGO
Centrarémonos no peche occidental medieval, hoxe completamente modificado, para que o noso alumnado poida ver en detalle como era esta fachada orixinal e poida contrastar durante a visita cunha maior base e apoiándose así dun maior backround de imaxes.
Observaremos en detalle o Pórtico e o feito de estar aberto á actual praza do Obradoiro e así buscarase que o alumnado tamén compare estas imaxes co que para el é coñecido e con exemplos de románico que teñan cerca deles.
Veremos, a través dunha reconstrución, o interior da Catedral. Nela poderán observar tamén que a catedral posuía un coro, obra tamén do Mestre Mateo, que hoxe xa non se atopa neste lugar.
3. A CATEDRAL E AS SÚAS MODIFICACIÓNS
Pero como sabedes, todos os edificios, a historia, a arte… evolucionan coas modas e coas diferentes épocas e gustos.
O mesmo aconteceu coa Catedral de Santiago. Propoñemos aquí que, a través de Google Arts&Culture, fagades un primeiro percorrido virtual a través do interior da Catedral e comecedes a identificar e debater arredor das diferentes modificacións que podedes observar, respecto do exercicio anterior que nos amosa a catedral medieval.
Actividades posteriores á visita
1. REPASO DE CONTIDOS
2. OBRAS, AUTORES E LOCALIZACIÓN
Trata de identificar, tendo en conta os datos que nos dan as pezas, a que artista e período poderían corresponder as imaxes que aquí sinalamos. Logo intenta situalas na planta actual da Catedral. Ollo, algunhas non foron vistas durante a visita!
ESTILOS
• Románico
• Barroco
LOCALIZACIÓN
• Capelas absidiais
• Altar Maior
• Nave central
• Transepto
• Portada sur
• Torre do Reloxo
• Obradoiro
• Cripta
• Pórtico
Actividades Esta actividade cae en selectividade
Guía didáctica Esta actividade cae en selectividade
Caderno de Actividades para BAC
Caderno de Actividades para ESO