Juan Luis e a Catedral de Santiago

Juan Luís López García
(Santiago de Compostela,1894-1984) foi un dos artistas mais destacados da Compostela da primeira metade do século XX, podéndose enmarcar, cronolóxica e estilisticamente, na chamada Xeración do 16, especialmente activa na cidade,
nos ámbitos artisticos e culturais, a partir da infuencia de figuras como Valle-Inclan e Asorey.
Familiarizado desde neno coa arte sacra, tivo unha longa carreira na que, grazas ds distintas bolsas de formacion das que gozou, mostrou un profundo conecemento dos grandes mestres da historia da arte, recollendo, segundo os momentos, diversas infuencias na súa obra, desde os primitivos italianos, ata os postimpresionistas franceses, pasando polo simbolismo e o prerrafaelismo. Diso da fe a abundante produción artistica que chegou aos nosos dias, conservada en distintas institucións culturais, publicas e privadas, asi como en bo número de coleccionistas particulares.
Ainda que viviu e desenvolveu a súa carreira, artistica e profesional, en diferentes lugares, a esencia da Compostela das súas orixes -e á que sempre volveu- tivo unha presenza destacada na súa pintura. No que se refire á catedral, dedicoulle importantes obras entre os anos 1918 e 1929, algunhas delas, encargos directos para a mesma, caso do Tríptico de Pentecostés, orixinalmente destinado para a capela de Sancti Spiritus; e, noutras ocasións para institucións como a Deputacion da Coruna, para a que, baixo a dirección de Francisco Lloréns, pintou os oito paneis de temática xacobea que forman parte desta exposición.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad