Nos últimos anos, a catedral compostelá ven desenvolvendo un programa de estudo, conservación e posta en valor da figura e obra do Mestre Mateo, figura aínda enigmática en canto aos seus orixes e procedencia pero clave para a configuración dunha arte con personalidade propia desde os últimos anos do século XII, un período fundamental para a historia de Galicia, na fase final da chamada Era Compostelá, na que a cultura e sociedade galegas acadaron un punto culminante a partires da alianza establecida entre a Igrexa e a monarquía.

Normalmente, establecese a pinza dos anos 1168, data do documento polo que Fernando II concedeulle unha pensión vitalicia pola dirección das obras da catedral e 1211, cando tivo lugar a solemne consagración da mesma, como as datas de desenvolvemento do proxecto mateán.

O proxecto do Mestre Mateo non só permitiu dar remate á construción da catedral románica, iniciada un século antes, senón que supuxo a renovación do templo desde novos postulados estilísticos e litúrxicos dunha catedral que, ao tempo, era sé apostólica e episcopal, meta de peregrinacións e referente espiritual dos reis do momento.

Mateo dirixiu un obradoiro formado por destacados artistas de procedencia e formación diversas, que trouxeron novas influencias apuntando a un estilo máis naturista e próximo ao espectador, o gótico, e que souberon mesturar creando un arte novo que habería de ter importante continuidade en séculos posteriores. Por iso, podería cualificarse ao Mestre Mateo como o pai da arte galega.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad