O Arcebispado de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago impulsan, a través do programa Compostela Sacra, a creación do Museo Diocesano de Santiago, que ten como misión a xestión, conservación, estudo e difusión do patrimonio cultural da Igrexa compostelá. A sede do Museo atópase no complexo monumental que conforma o antigo mosteiro de San Martiño Pinario, cuxa orixe remóntase á época do descobrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, no século IX, aínda que a igrexa actual data do século XVI. Conta cun conxunto moi interesante de retablos, en especial o retablo maior, obra cume do barroco compostelán. Tamén destaca a sillería de coro, realizada por Mateo de Prado no século XVII.
Horarios
De luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas.
Sábados de 10:00 a 14:00.
Visitas guiadas todos os días de apertura ás 12:30 e 16:30 horas.
Tarifas
Tarifa xeral: 5€
Entrada gratuíta con calquera modalidade de visita do Museo Catedral de Santiago.
Acceso
Praza da Inmaculada 5, esquina con Rúa da Moeda Vella.
Venda de entradas
Contacto: museodiocesano@archicompostela.org / 881025856


