Entre o Relicario e a capela do Tesouro están gardadas e expostas aquelas pezas de minuciosa ourivaría relativas á devoción ás reliquias, o culto e as ofrendas ao Apóstolo coas que a nobreza e monarquía obsequiaban constantemente á catedral. As pezas musealizadas son solo algúns exemplos de todo o que no seu día formou parte do Tesouro compostelán, hoxe perdido a consecuencia de roubos, incendios, aprovechamento de materiais… As pezas conservadas sirven de testemuña de toda aquela grandeza.
Por outra parte, o propio Cabido era moitas veces quen levaba a cabo os encargos concretos que foron creando pouco a pouco unha escola de ourives consolidada totalmente a partir do Renacemento. Este Tesouro non cesou de medrar co paso dos anos. Desde finais do s. XIX, impulsado polo redescubrimento dos restos do apóstolo Santiago en 1879, e ao longo de todo o s. XX, vólvese a vivir unha época de esplendor na escola de ourivaría con exemplos moi destacados nos fondos catedralicios.