Pintura

A colección de pintura preséntase con todo tipo de soportes, desde as miniaturas medievais – caso dos Tumbos A ou B; ou o Códice Calixtino -, a través dos que coñecemos parte da historia da sede compostelá coa cidade e a importancia das relacións que estableceu coa monarquía ao longo dos séculos; ata os excelentes exemplos de pintura mural que forman parte das salas musealizadas.
Sobre pintura de cabalete, Xoán Antonio García de Bouzas e Gregorio Ferro (ambos de diferentes momentos do s. XVIII) son os nomes de autores máis repetidos do Museo. A procedencia destas e outras pinturas é diversa; moitas formaron algunha vez parte de estancias catedralicias ou estaban plantexadas para iso, outras son doazóns ou poden, no caso dos debuxos, ser encargos do Cabido.

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.