Pórtico da Gloria
O Pórtico da Gloria é a demostración perfecta da mestría técnica e riqueza artística que presenta a Catedral de Santiago de Compostela. Foi construido entre 1188 e 1211 como broche final ao proxecto que o Mestre Mateo ideou tras ser elixido de forma definitiva polo monarca Fernando II para rematar as obras da catedral en 1168. O Pórtico da Gloria recibía aos peregrinos tras a súa longa viaxe e a súa mensaxe non queda so neste espazo, senon que se complementa coa cripta e tribuna. É a entrada occidental da catedral románica que interpreta en pedra as pasaxes do Apocalipsis, considerada unha obra cumio da arte universal. A visita permite coñecer, ademáis, o resultado da restauración levada a cabo co mecenado da Fundación Barrié.

A entrada ao Pórtico da Gloria inclúe a visita completa ao Museo (Colección permanente, Pazo de Xelmírez, Cripta do Pórtico e exposicións temporais).

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.