O proxecto educativo aquí ofertado realizouse en colaboración da Xunta de Galicia a través do programa de axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia froito dunha axuda da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago. Grazas a ela, o Museo Catedral de Santiago enriquece as súas propostas didácticas cunha serie de actividades gratuitas para todos os centros educativos de Galicia. Estas actividades consisten en visitas temáticas adaptadas aos diferentes niveis educativos. Nesta web, o profesorado ten acceso á descrición de cada proposta, así como a materiais complementarios cos que traballalas se escollen a súa realización
- Guía didáctica. Nela explícase o percorrido que realizaremos, as obras coas que traballaremos e as dinámicas para facelo.
- Actividades previas e posteriores. Con elas poderá preparar a visita na aula e logo reforzar contidos unha vez finalizada.

Educación Infantil
Escoitando as cores
Educación Primaria
Xelmírez e Urraca
No transcurso desta visita invitaremos ao alumnado de Educación Primaria a pasear conscientemente pola Catedral e polo Pazo de Xelmirez. Recorreremos, de xeito interactivo e comentado, a nosa historia medieval da man de Diego Xelmírez, paseando pola que foi a súa residencia e achegándonos á sua grande obra: o Códice Calixtino. Mais tamén nos achegaremos ás mulleres da época que deixaron pegada, coma Urraca, a primeira raíña Europea con poder por dereito propio, ou Margery Kempe, unha muller que se achegou a Santiago como peregrina, camiñando soa, e que nos deixou escrito o primeiro libro de viaxes realizado por unha muller.
Quen é Quen?
ESO e BAC
Catedral é feminino
“Catedral é feminino” é o título dunha visita coa que pretendemos revisar a presenza das mulleres nas coleccións artísticas dende un enfoque de xénero e cunha mirada crítica. Queremos que o alumnado se achegue ás coleccións do museo a través dun fío conductor no que a muller sexa a protagonista. Analizando obras concretas abordaremos dificultades que tiveron que sufrir ao longo da Historia, establecendo vínculos co presente para facilitar así a comprensión de pezas que lle poidan resultar alleas. Que papel tivo a muller na arte? Por que hai tan poucas mulleres creadores e sen embargo aparecen tantas representadas nas obras? A que se lle vincula na relixión? Como era a vida das raíñas na Idade Media? Analizaremos os estereotipos de xénero que nos foron transmitindo as imaxes e identificaremos as condicións sociocultais que os provocaron, creando un discurso participativo que promova valores como a igualdade e o respecto.
Historia e Arte
Esta actividade busca dar unha visión xeral da Catedral facendo fincapé naqueles puntos clave dentro da Historia da Arte galega, introducidos nos currículos académicos mais descoñecidos nalgún punto para moito do noso alumnado. Ofrecemos así unha visita in situ, no seu propio contexto. Para isto, realizaremos un paseo consciente, comentado e interactivo polo Pórtico da Gloria, iniciándoo a través da súa cripta, polo interior da Catedral mais tamén polo exterior, a través da Praza de Praterías, da Torre do Reloxo e da Fachada do Obradoiro, onde finalizará a nosa visita”.