Proxecto Educativo
Dende o Museo da Catedral propoñemos, a través do xogo, unha actividade pensada para que rapaces e rapazas do último ciclo de primaria poidan coñecer o Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela, ubicado no espazo da Capela das Reliquias. O Panteón se trasladou no ano 1535 dende a súa anterior ubicación no brazo norte do transepto, onde hoxe encontramos a Capela de Santa Catalina.
O proxecto educativo aquí ofertado é froito dunha axuda da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago. Grazas a súa financiación, o Museo Catedral de Santiago enriquece as súas propostas didácticas cunha serie de actividades gratuitas para todos os centros educativos de Galicia.
Estas actividades consisten en visitas temáticas adaptadas aos diferentes niveis educativos. Nesta web o profesorado ten acceso á descrición de cada proposta, así como a materiais complementarios cos que traballalas se escollen a súa realización:
- Guía didáctica. Nela explícase o percorrido que realizaremos, as obras coas que traballaremos e as dinámicas para facelo.
- Actividades previas e posteriores. Con elas poderá preparar a visita na aula e logo reforzar contidos unha vez finalizada.
Este espazo atópase nunha das moitas capelas que hai na Catedral, pero a diferenza doutras onde nos encontramos con imaxes de santos e virxes, nesta capela descansan personaxes da realeza e da igrexa. Este lugar alberga tamén o espazo adicado ás Reliquias, polo que na visita ademais dos tumbos, os rapaces verán que hai varios obxetos de gran valor, onde se garda hoxe o Tesouro da Catedral de Santiago.
A idea consiste en facer unha actividade pedagóxica con 25 alumnos como máximo para que coñezan algúns dos segredos que garda este lugar, preguntándonos que é un Panteón? Por qué están aquí estes ilustres personaxes? Quenes foron?
Para iso, previamente propoñemos enviar aos mestres uns modelos sobre algúns dos reis, raíñas e bispos, cun formato moi sinxelo e didáctico, para que o traballen na aula e o alumnado se familiarice con eles.
Falaremos da importancia que tiveron estes na construción da Catedral, por que algúns deles quixeron ser soterrados aquí, e, cun sinxelo xogo de Quen e Quen?, traballaremos en grupo sobre as diferentes vestimentas e símbolos que representan aos distintos personaxes, para que os rapaces e rapazas se identifiquen con eles e recoñezan os símbolos que lles identifican como persoas da realeza e da igrexa.
A finalidade desta actividade é dar valor a espazos da Catedral pouco coñecidos, como é o Panteón Real, así como aos personaxes que foron fundamentais para a nosa historia e para a construción deste gran templo, que ainda que viviron fai moitos siglos, perduran no tempo.