Sepulcro atribuído a Raimundo de Borgoña, Conde de Galicia (1065 – 1107)

Raimundo de Borgoña chegou desde máis aló dos Pireneos convencido de contribuír na loita contra a invasión musulmá. Casado con Urraca I, xuntos influíron notablemente no nomeamento do Bispo Diego Xelmírez, quen habería de ser, desde 1120, primeiro arcebispo de Santiago de Compostela.
Á súa morte en 1107, Xelmírez foi a recoller os seus restos para enterralos na catedral, nun lugar e sepultura orixinais aínda por determinar. En todo caso, este feito supuxo, conceptualmente, o principio do Panteón Real compostelán.
A súa actual estatua xacente está datada cara a 1215 e, á vista dos seus trazos imberbes, expúxose a posibilidade de que, en realidade, corresponda á figura do malogrado Infante Fernando Afonso, fillo primoxénito de Afonso IX, quen consta que tamén foi enterrado na catedral tras a súa morte en 1214.

Descripción

O Conde de Galicia Raimundo de Borgoña, introduciu esta dinastía na monarquía galaico-leonesa. Foi cónxuxe de raíña Urraca, filla do rei Afonso VI e irmán de Guido, o Papa Calixto II (1119-1124). Ambos tiveron unha estreita colaboración co arcebispo Diego Xelmírez, potenciando de forma importante a sede compostelá e a construción da catedral románica.
Hai constancia que, tras o seu falecemento en 1107, foi enterrado na catedral, en “un sartego que se colocou no pórtico setentrional pola parte interna da igrexa”, no espazo que, máis adiante, haberíase de converter formalmente en Panteón Real.
O traslado do Panteón á súa actual localización, no edificio claustral, no século XVI, dificulta hoxe a identificación dos sepulcros. Un deles atribúese, tradicionalmente, a Raimundo de Borgoña aínda que, polas súas características, é máis factible que se trate da tumba do Infante Fernando Afonso, fillo primoxénito de Afonso IX, falecido prematuramente en 1214.

Modelo 3D
Vídeo
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad