Torre do muro exterior do Coro

Imaxes

Descrición

Mestre Mateo. Ca. 1200. Granito con restos de policromía

A crestería da cerca exterior do coro do Mestre Mateo decorábase cunha sucesión de figuras de personaxes bíblicos, catro en cada tramo entre columnas da catedral, separados por elementos arquitectónicos con forma de torreóns de estrutura piramidal. Representan, nun discurso apocalíptico, os muros tras os que se atopa a Cidade de Deus. Polas características morfolóxicas destas pezas, bloques rectangulares bastante regulares, tras a derriba do coro reutilizaronse como materiais construtivos noutros lugares da catedral, o que permitiu recuperar, en distintos momentos, varios destes torreóns, algúns deles expostos de forma permanente no Museo Catedral.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.