Fachada do Paradiso
Pola fachada do Paradiso, tamén coñecida como Porta Francíxena, entraban os peregrinos medievais. Foi substituída a mediados do século XVIII pola actual fachada da Acibechería e, no Museo Catedral consérvanse importantes pezas procedentes daquela.