Mestre dos Panos Mollados
O período de esplendor da escultura románica en Compostela péchase coa enigmática figura do chamado Mestre dos Panos Mollados, quen coincidiría cos inicios do proxecto do Mestre Mateo na catedral, supoñendo o encontro entre dúas concepcións artísticas.