Relevo con figuras femininas

Imaxes

Descrición

Atr. Taller bearnés activo en Compostela. Ca. 1150. Mármore

Este fragmento de relevo actualmente conservado no Museo Catedral podería proceder do veciño Mosteiro de Antealtares, onde foi achado nos anos 40 do século pasado.
Atribuíuse a un taller de formación bearnesa activo en Compostela nos anos centrais do século XII e que posiblemente traballaría na remodelación de Antealtares que incluíu un novo altar e unha portada, á cal pertencería esta peza, quizais, polo seu lateral biselado, a unha das xambas daquela.
A figura coroada que se conserva completa, situada baixo unha arquería de medio punto, estendendo a súa man dereita, identificouse como unha Virxe da Anunciación, que se completaría, alén, co relevo do Arcanxo.
A placa continuaría con outra imaxe feminina, da que só se conserva a cabeza, neste caso tocada e situada baixo unha arquitectura igual que a anterior.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.