Santiago Matamoros da Duquesa de Aveiro

Descrición

Atr. Roma, Ca. 1677. Prata repuxada, fundida e cincelada

As representacións da lendaria aparición de Santiago na Batalla de Clavijo tiveron un especial desenvolvemento no período barroco, fundamentalmente, desde a propia catedral compostelá. Con todo, neste caso, estamos ante unha peza, probablemente realizada pouco antes nun taller romano, procedente dunha ofrenda ao apóstolo, neste caso, realizada por Álvaro de Valenzuela e Mendoza a pedimento de Dª María de Guadalupe de Lencastre y Cárdenas, Duquesa de Aveiro e unha das principais figuras da nobreza portuguesa da época.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.