Figura masculina mutilada Cristo Redentor?

Imaxes

Descrición

Mestre dos panos mollados. Ca. 1170. Granito

A leve flexión nunha das súas pernas provoca unha tensión nas súas roupaxes e, con iso, os clásicos plegues pegados á anatomía que deron nome ao seu autor, o Mestre dos panos mollados.
Trataríase dun gran escultor, representante do último románico compostelán que ía terminar sendo substituído pola innovadora arte do Mestre Mateo. Ambos os personaxes e as súas diferentes concepcións artísticas chegarían a coincidir nas obras da catedral de Santiago cara ao ano 1170, como se evidencia nalgúns elementos decorativos da Cripta do Pórtico da Gloria e, tamén, nunha serie de esculturas como esta, recuperadas en diferentes momentos na contorna do extremo occidental da catedral.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.