Abdías e Santo Tomás
Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

As esculturas identificadas co profeta Abdías e Santo Tomás, procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo, atópanse actualmente na parte inferior do primeiro tramo da dereita da fachada da Porta Santa.
Abdías, o profeta que viviu en tempos do rei Nabucodonosor, formaría parte do primeiro grupo de profetas menores que ocuparían, tras os maiores, o segundo tramo da fachada norte do coro, xunto a Xoel, Oseas e unha cuarta imaxe que non se conservou. Viste, como os seus compañeiros, o “simlah”, amplo manto que se anudaba ao pescozo cobre a cabeza e túnica “paenula”.
Pola súa banda, a escultura identificada con Santo Tomás pecharía o grupo de apóstolos presentes no segundo tramo da fachada sur, xunto a Andrés, Felipe e Bartolomeu. A súa cabeza, do mesmo xeito que noutras pezas do conxunto dos “vintecatro”, foi engadida a mediados do século XIX polo escultor Ventura da Fonte, distorsionando a personalidade orixinal da peza

.

 

Modelo 3D
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad