Columnas da fachada de Praterías

Descrición

A fachada de Praterías é a única das portadas medievais da catedral que chegou aos nosos días, aínda que con diversas intervencións e engadidos, procedentes doutros espazos catedralicios, que modificaron a súa aparencia orixinal. En todo ese quebracabezas, que inclúe algunhas das mellores mostras de escultura románica compostelá nas súas tímpanos, friso e xambas, adoitan pasar inadvertidas as súas once columnas, organizadas segundo a secuencia 3 + 5 + 3, enmarcan a portada bífora e serven de asento aos corpos superiores.
As catro columnas máis interiores son lisas de granito, as catro intermedias son do mesmo material e teñen decoración vexetal en helicoidal e, por fin, as tres principais, son de mármore e presentan varios tramos que acollen, dentro de arquitecturas, figuras de distintos personaxes bíblicos, entre eles, un apostolado na columna central.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.