Figura de San Andrés

Imaxes

Descrición

Santiago de Compostela, Atr. Francesco Marino. Ca. 1425. Prata sobredourada, esmalte e pedras preciosas
Trátase dunha das cinco imaxes de devoción procedentes do oratorio do arcebispo Lope de Mendoza que se conservaron no Tesouro compostelán e, delas, a única atribuída, polas súas características, ao italiano, activo na cidade de Santiago naquela época, Francesco Marino, aínda que neste caso carece do punzón identificativo deste autor “FM”.
É unha imaxe estilizada e de marcado naturalismo, identificada polo rótulo da súa aureola e polos atributos que porta nas súas mans, un libro aberto e a cruz en aspa do seu martirio.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.