Pedro Froilaz

Imaxes

Descrición

Pedro Froilaz, Conde de Traba, foi un personaxe fundamental na historia de Galicia na transición dos séculos XI ao XII. Foi un dos máis leais colaboradores de Raimundo de Borgoña e, tras a súa morte, fíxose cargo da educación do que habería de ser rei Afonso VII. Nas primeiras décadas do século XII, xunto con Diego Xelmírez, foron os principais responsables do poder que adquiriu a sede compostelá.
Tras a súa morte en 1126, foi enterrado na catedral de Santiago e, oito séculos despois, en 1926, os seus restos foron trasladados ao Panteón Real, encargándose a Maximino Magariños un novo sepulcro con imaxe xacente do personaxe, representado como un home de idade avanzada vestido con armadura, portando unha espada entre as súas mans e cun lebrel aos seus pés. Na inscrición do frontal identifícaselle incidindo no seu labor como aio do monarca.

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.