Exposición aberta ao público, dende xullo de 2025,
na Sala de Armas do Pazo de Xelmírez,
con acceso incluido con calquier entrada do Museo Catedral.
Esta exposición, formada pola Colección Ángel, é o resultado do aprecio e a sensibilidade de varias xeracións dunha familia compostelá pola estética, o gusto e a preservación daqueles obxectos que formaron parte tanto do seu patrimonio como do uso dos habitantes da cidade de Santiago e mais de Galicia.
Ese aprecio e afán de protección iníciase no século XIX co espírito dos gabinetes de curiosidades, de carácter exótico, e chega ata o día de hoxe.
A Colección Ángel agrupa unha extensa variedade de materiais arqueolóxicos, decorativos, artísticos e funcionais de diferentes épocas, os máis deles, vencellados á cidade de Santiago de Compostela. Trátase dun extenso catálogo de obxectos habituais no enxoval de moitos composteláns que inclúe xoiaría, ourivaría, artes decorativo-suntuarias, escultura, bibliofilia… etc.
As pezas expostas permiten comprobar a pegada e o gusto que tiveron os mestres locais, a influencia dos obradoiros internacionais e, tamén, a bagaxe da escultura e imaxinería relixiosa compostelá. Ademais, pódese visualizar a evolución no tempo das obras e as técnicas de produción.
Observando esta exposición será posible entrar nas casas dos composteláns que nos precederon e coñecer unha parte dos obxectos que os acompañaron en cada momento, así como descubrir tamén a destreza, o gusto e as habilidades dos artesáns que os crearon.
-
Arte e oficio en Compostela
Situándonos nos comezos do século pasado, podemos dicir que Santiago segue a ser unha cidade onde as mal chamadas artes menores continuaban...
-
Antecedentes arqueolóxicos Arte antiga, arte castrexa
Este primeiro ámbito está constituído por distintos obxectos simbólicos e decorativos, elaborados en prata, vidro e bronce, que pertencen á culturas...
-
Xoiaría representativa. Xoieiro materno
Esmalte de Carlos II e adobíos de brillantes Esmalte ao lume sobre lámina de ouro do rei Carlos II que representa o derradeiro rei da casa de...
-
M. Miranda (bosquexos)
Manuel Miranda é un dos tallistas e imaxineiros composteláns máis sobranceiros de principios do século XX. Alumno e compañeiro de Francisco Asorey...
-
Xerusalén
A Terra Santa por antonomasia é Xerusalén, lugar de referencia para a cristiandade, que se converte en símbolo como consecuencia da viaxe realizada...
-
Santiago
Este ámbito amosa un peregrino xacobeo exento, unha talla de peregrino de vulto redondo das que non é habitual atopar referencias e que porta como...
-
Porcelana e cristal
Dentro das artes decorativo-suntuarias, dous materiais xorden como novidade en Occidente nos séculos XVII-XVIII: o vidro con alto contido en chumbo,...
-
Enxoval dos deáns composteláns
Denominamos deste xeito un grupo heteroxéneo de obxectos de uso privado dos deáns composteláns que habitaron a coñecida como “Casa do Deán”, na rúa...
-
Acibeche
O "gagates" da Antigüidade clásica grega (polo seu achado no río Gagas) é en Santiago de Compostela, baixo o nome xa clásico de acibeche ―derivado...
-
Marfil Arte civil oriental
De Oriente chegan a Occidente dúas manifestacións artísticas: por unha banda, da India; por outra, da China, especialmente de Cantón.Cantón...
-
Marfil e téxtiles Arte relixiosa
Este ámbito contén dous tipos de elementos de carácter cristián: por unha banda, o marfil que provén de Oriente e, por outra, os téxtiles con orixe...
-
Roma
Agnus Dei Desde os tempos de Amalarius, ano 820, en adiante atopamos o uso frecuente do agnus Dei, que se elaboraba coa parte non consumida do cirio...
-
Marfil Deidades femininas na historia
Marfil: Athenea-Tyche-Senuna (Minerva-Fortuna-Senuna) Lar grecorromano do que, pola súa tipoloxía e posición da man en actitude de guindar unha...
-
Pratería compostelá, talla e documentos bibliográficos
Atopamos neste ámbito tres elementos diferenciables: traballos de pratería, documentos e a talla de santo Eloi, patrón dos prateiros.De entre as...
-
Escultura
Neste ámbito móstrase unha miscelánea de tallas de diferentes procedencias e épocas. No centro, contemplamos unha maxestade románica do século XII,...
-
Reloxería Esmaltes
Recóllense neste espazo unha serie de reloxos datados entre os séculos XVII e XIX, de dúas tipoloxías e diferentes usos. A primeira delas é a...
-
Arte compostelá
As obras de artesanía e imaxinería, que de forma ininterrompida foran a forma de expresión artística durante séculos, sofren un severo revés a...
-
Imprenta compostelá
Neste ámbito expóñense dous tipos de impresos: un pertencente a impresores composteláns e un segundo, de impresos relativos a Santiago de...
-
Manuscritos e impresos Liturxia musical
Os 5 exemplares de libros que se amosan estaban destinados aos ritos da liturxia católica. Na parte superior dereita, un pergameo do século XIII...
-
Pratería compostelá e importada
Na parte inferior pódese observar ourivaría civil de mesa compostelá, cuxos elementos amosan as marcas de distintos prateiros de Santiago do século...
-
Xoiaría de diario, xoiaría de loito e xoieiros
Xoias dos séculos XIX e XX, e xoieiros Cara a finais do século XIX iníciase un cambio nos usos da xoiaría; a aparición de movementos como o art...
-
“Tesouros de Compostela”
Esta exposición, formada pola Colección Ángel, é o resultado do aprecio e a sensibilidade de varias xeracións dunha familia compostelá pola...
-
Xerusalén, Roma, Santiago
Tres son os lugares principais de peregrinación na cristiandade, e Santiago é, na súa orixe, un deles.Podemos datar o comezo documentado deste...


