San Mateo

Imaxes

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

A imaxe de San Mateo actualmente exposta no Museo Catedral procede da fachada ao lado sur do coro pétreo do Mestre Mateo, concretamente do último tramo da mesma, na que formaría grupo co resto de Evanxelistas.
Tras ser retirada do coro foi recolocada no oco dunha xanela na capela de San Bartolomeu, na xirola da catedral, onde permaneceu ata a súa incorporación aos fondos do Museo, expoñéndose, actualmente, no espazo monográfico dedicado ao Mestre Mateo no Salón de Cerimonias do Pazo de Xelmírez.
A peza, de exquisita e delicada factura, segue o modelo utilizado para o seu homónimo no tímpano do Pórtico da Gloria, escribindo sobre un pupitre apoiado no seu colo desde o que se desprega unha cartela en vertical. Ambas as imaxes serven, ademais, para apreciar a evolución do taller mateano no tempo transcorrido entre elas.

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.