
Autor: Raimundo de Madrazo
Cronoloxía: 1858
Xénero/temas: iconografía xacobea
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 147,5 x 241cm
Firma: Ángulo inferior dereito, xunto coa data de 1859
Restauración: Noelia Márquez, 2019.
Localización: Museo Catedral
Procedencia: Colección particular sevillana ata 1906
Doante/persoas vinculadas:
Descrición
Realizada cando o artista tiña dezaseis anos, trátase da súa primeira obra documentada e exposta, e marca o comezo dunha destacada traxectoria artística tras a súa formación na Academia de San Fernando e co seu pai, Federico de Madrazo.
Representa, seguindo o relato da tradición, o momento do desembarco e posterior traslado dos restos do Apóstolo desde Padrón polos seus discípulos, entre os que se atopan Atanasio e Teodoro, guiados por anxos. O corpo aparece envolto por un sudario que permite adiviñar que se atopa completo, mantendo a cabeza suxeita por un anxo e sinalada por unha aureola na que se pode ler “S. Iacobus Maior”. Este anxo podería corresponderse cun retrato de Cecilia, irmá do artista e esposa de Mariano Fortuny.
Tamén se sinalou que, en 1868, o autor tería retocado o cadro contando coa colaboración do seu amigo e cuñado Mariano Fortuny, a quen correspondería a figura que levanta os brazos ao fondo á dereita.
En 1906, a obra foi adquirida por 1000 pesetas por un coleccionista particular sevillano, e alí permaneceu ata que no 2019 a adquiriu a Fundación Catedral e pasou a formar parte dos fondos do seu Museo.
Na Hispanic Society of America, asociación á cal pertenceu Madrazo, consérvase un bosquexo da obra que presenta o mesmo esquema compositivo, aínda que con diferenzas nalgúns detalles e figuras.
Exposicións
- Exposición Rexional de Sevilla, 1858.
- Hospitalitas. A graza do encontro. Las Edades del Hombre. Santiago de Compostela, 13 de xuño – 17 de novembro, 2024
Bibliografía
-
Hospitalitas. A Graza do Encontro. Las Edades del Hombre, Santiago de Compostela, Valladolid, Las Edades del Hombre. Catálogo de exposición, 2024.